Bar Tapería Casa Pepe
Valoración: 2.5
El Marco, 4 - Tomeza - Pontevedra

Casa Pepe, distínguese polas súas estupendas comidas, tapas e viños, en pleno Camiño de Santiago pola ruta portuguesa, á entrada da Cidade de Pontevedra, con amplo aparcadoiro, onde é  parada obrigada dos peregrinos para repoñer forzas.

Atópase nunha casa tradicional galega de pedra, a pié do Camiño Portugés a Santiago e a 400 m. do Albergue de Pontevedra. Unha zona tranquila para descansar despues do fatigoso traxecto do Camiño.

Retransmítense partidos de fútbol por diversas canles, onde poderá gozar dos mesmos nun ambiente tranquilo e sosegado, acompañando duns bos viños ou cervexas.

Ten terraza exterior e a súa especialidade gastronómica é a cociña clásica galega, podendo degustar do típico cocido galego todos os miercoles durante a época de frío; os venres o rico lacón con grelos e os sábados os callos.

Todos os domingos pódese saborear o exquisito polbo, preparado por unha pulpeira do Carballiño.

Acompaña as consumicións cunha estupenda tapa.

Entre outras especialidades podemos indicar a tortilla aespañola, os chourizos galegos de diversos modos, zorza, orella, lacón, raxo, luras, gambas, táboas de embitudos variados, xamón, chacina, e varias mais.

Características de Bar/cafeteria

  • Especialidades Tortilla de pataca, luras, orella, Gambas, etc, e todos os domingos pulpeira do Carballiño
  • Dia de peche Domingos pola tarde
  • Vacacións no
  • Horario 8,00 a 24 h.
  • Distancia ao centro 2,5 kms
  • Distancia á estación de FFCC 500 m
  • Distancia á estación de autobuses 500 m
  • Menú do dia SI
  • Menú do dia, prezo 8,50 €
Benito Durán como Usuario hace 8 años
Tiene un vino treixadura de cosechero, de muy buena calidad
Sol Gomez Cal hace 7 años
Exquisitas tapas acompañadas de un buen servicio