Considerado xardín e balneario de Galicia, é unha localidade situada ao noroeste da provincia de Pontevedra. Está atravesada polo río Umia, que se caracteriza pola súa riqueza piscícola.
Está situada ao norte da provincia de Pontevedra, aberta á ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños presidida pola Autoestrada A-9, principal eixo de comunicacións entre o norte e o sur de Galicia e Portugal.
Entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 kms do mar, é a porta de acceso ao val do Salnés e ás Rías Baixas.
A súa localización e as súas excelentes comunicacións fan dela un enclave estratéxico no desarrrollo da industrial, o turismo, e o comercio.