Para chegar ao albergue, no lugar de San Xulían, no Concello de Pontecesures, atopárdesvos nun cruzamento no que virando á esquerda continuaredes polo Camiño Portugués cara a Padrón 2,7 Km., ou se virades á dereita poderedes tomar a "ALTERNATIVA" que vos levará ao Convento de Herbón que está situado a 2,7 Km. do Camiño Portugués.
Non grupos, non coches de apoio (sente), ábrese ás cinco - o día, e o Camiño, están para camiñar- pero ao que chegue antes regalámoslle prado, paz e carballos para el solito, a non ser que alguén queira botar unha man para limpar, deixen os malos rolos á porta e sorrían, é o Camiño.
En Herbón, misa para peregrinos ás oito da mañá e pementos ao que axude a cavar a horta e enrólese aos frades.