Totalmente reformado no ano 2008, o Está situado nunha das principais rúas da cidade a tan só cinco minutos do centro histórico e a 300 metros das estaciónes de autobuses e ferrocarril. No 2008 obtiveron o distintivo de "Compromiso de Calidade Turística en Destino" (SITED).
O Hotel Avenida de Pontevedra atópase no centro da cidade de Pontevedra, nunha situación inmellorable, xa que esta en zona de paso do Camiño Portugués a Santiago e a tan só 5 minutos andando da estación de Ferrocarril e Autobuses.
A cidade de Pontevedra, a grande descoñecida, ofrece un dos mellores cascos antigos de Galicia e situada no corazón das Rías Baixas, con innumerables prazas, onde poder tomarse algo e mesturarche no ambiente local.
A súa situación permitirá desprazarse por toda a provincia e comunidade rapidamente (Vigo 20minutos, Santiago 45 minutos, Sanxenxo 30 minutos) con fáciles accesos por autoestrada, tren ou autobús.
O Hotel dispón de 4 tipos de habitacións, Individuais, Dobres, Triplos e Familiares. Todas elas reformadas en 2014, contan con baño completo, secador, canles dixitais (Canle Plus, Canle plus Futbol, Canle plus acción, Canle plus cinema, Fox,.), wifi gratuíto en todo o hotel, servizo espertador, calefacción e aire acondicionado individual, teléfono e produtos de acollida Onde primamos o ambiente familiar e unha atención personalizada para atender todas as súas necesidades.
Outro servizo do que dispón é Cafetería-Restaurante, onde poderá almorzar ou gozar da comida tradicional galega e un Salón privado "Salón Dona María", en honra á fundadora da empresa de uso exclusivo con capacidade 50 persoas, de estilo moderno, para celebrar as súas reunións de empresa, exposicións ou comidas privadas.