Hotel A Peregrina, situado nunha zona moi céntrica de Pontevedra, a escasos 100 metros das estacións de bus e tren, ofrece unhas instalacións perfectamente acondicionadas, un espazo para o descanso cunha relación calidade-prezo inmellorable, avalados polo selo de Compromiso de Calidade Turística. Dispón de 33 habitacións moi confortables, con Baño Privado, Televisión, Teléfono e Wi-Fi gratuíto, ademais de Garaxe, Cafetería e Comedor propios.
Non o dubide, tanto se vai pasar unhas Vacacións en Familia, realizar o Camiño de Santiago, Viaxe de Negocios, ou simplemente pasar uns días nas Rias Baixas, Hotel A Peregrina é o que necesita.