Pazo de Mos

BIBLIOTECA FUNDACIÓN PAZO DE MOS

Está aberta a calquera usuario normal e o público en xeral, previa alta.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN

Ten como propósito dar a coñecer aos veciños e veciñas e a todos os cidadáns, o patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico, e forestal de Mos. A difusión dos bens patrimoniais da nosa contorna ten como obxecto concienciar no coidado, protección e conservación dos elementos materiais e inmateriais que conforman a nosa cultura.

Dende a Fundación Pazo de Mos queremos facer finca pé na importancia da posta en valor do recursos da nosa parroquia. A nosa parroquia, por tratarse dun núcleo histórico de desenvolvemento do municipio é un dos máis visitados de Mos, necesita dun coidado exquisito para que poida cumprir coas súas funcións económicas, sociais e ambientais.

Comprender o pasado e reforzar a memoria, e incluso a identidade, colectiva é un feito verdadeiramente suxestivo. O traballo que desenvolven os veciños e veciñas é notable no fomento de participación e benestar social.

CLUB DE XADREZ MOS

Nace o 22 novembro de 2014, cun acto de presentación do Club no Pazo de Mos onde mantén a súa actividade todos os sábados de 17.00 a 19.30 h. Actualmente componse de medio centenar de socios, entre nenos e maiores.

Aínda que a actividade esta intimamente ligada a súa práctica individual no club, o seu derradeiro fin é difundir o xadrez como unha ferramenta pedagóxica, en 1995 a UNESCO recomendou oficialmente a todos os seus países membros incorporar o xadrez como materia educativa.

Destacamos tamén que este xogo é unha das manifestacións culturais máis antigas da humanidade; nel seobservan aspectos propios do deporte, o arte e o pensamento científico.


http://www.pazodemos.org