Atravesando a rúa da Oliva iremos desembocar na Praza da Peregrina. Si ten a fortuna de visitar Pontevedra durante o Entroido, poderá deleitarse na praza da Peregrina coa contemplación da antiga botica de D. Perfecto Feijoo, boticario e figura ilustre da vila.
O papagaio Ravachol, propiedade do boticario, morría o luns de Entroido de 1913 e organizouse un cortexo fúnebre pola cidade ata ser enterrado nunha leira do boticario nos arredores. Desde entón e na honra do singular paxaro, Pontevedra celebra cada ano o velorio e enterro do Ravachol.
Fuente: visit-pontevedra.com