Último municipio da provincia de Pontevedra, antes de adentrarnos na Coruña.
Pódense visitar:
Capela de San Xulián
Capela románica feita construír polo Bispo Xelmírez, cunha remodelación no 1918 na que se atoparon restos romanos, que foron catalogados polo Museo Provincial de Pontevedra.
A Ponte
Construída no século I, con remodelacións posteriores (a máis importante deseñada polo Mestre Mateo no século XII). Consta de dez arcos sobre o río Ulla e une as provincias de Pontevedra e A Coruña.