Esta igrexa sitúase na parroquia de Carracedo, aos pés do lendario Camiño portugués de Santiago. Desde remotas épocas eran moitos os peregrinos que percorrían o Camiño e vían neste templo un lugar para descansar e orar. As orixes do templo son incertos aínda que nos quedan as bases dos que puido ser unha igrexa románica ligada aos peregrinos. Hoxe vemos unha sobria fachada cun arco de medio punto e sobre leste un forntón triangular que acubilla a imaxe de Santa Mariña.
Un gran torreón barroco de dous corpos adorna a esquerda da fachada. Pegada aos muros laterais sitúase a sancristía. No gran atrio vemos unha pequena casa reitoral xunto a un cruceiro ao que lle falta a cruz e no que podemos ver debuxado na súa base a figura do "culebrón". Á beira do conxunto eclesiástico poderemos ver as ruínas do que foi a gran casa reitoral que mantén os restos dun gran hórreo pertencente ao clero.