Santiago de Compostela

Que visitar

  • Catedral de Santiago de Compostela. A catedral románica, trazada seguindo o modelo francés das igrexas da peregrinación, levántase (1075-1211), promovida polo bispo Diego Peláez e dirixida polo Mestre Esteban, sobre os restos das primitivas igrexas construídas no lugar onde aparecesen as cinzas do Apóstolo.
  • Museo do Pobo Galego. Creado en 1976, é o primeiro museo de Galicia que desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abarcar e relacionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada. Ademais da mostra permanente, organízanse regularmente outras actividades: exposicións, cursos, congresos..., e edítanse publicacións.
  • Centro Galego de Arte Contemporánea. Constituído como centro dinamizador da vida cultural dunha cidade marcada pola arte e a historia, fué proxectado e construído entre 1988 e 1993 polo arquitecto portugués Álvaro Siza (Premio Pritzker 1993).
  • Museo da Catedral. Fundado en 1930, actualmente no percorrido do museo inclúense tres zonas con acceso independente, todas elas situadas en distintas dependencias da Catedral compostelá, o que permite un coñecemento completo da historia e importancia artística dun centro culto-cultural fundamental para a humanidade.