Convento de San Francisco - PONTEVEDRA

Foi construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. 
No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV. Tamén cómpre mencionar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.


Fuente: diversas web oficiales

Características de Imprescindible

  • Accesibilidad para discapacitados Non
  • Centrico Si
  • Cobran entrada Non
  • Visitas guiadas Non