4º Tramo: Pontevedra - Caldas de Reis: 22,8 km
  • Lonxitude: 22,8 kms.
  • Dificultadr: Media
  • Duración estimada: 8 horas 40 min.

Un cordón de luces debuxa a ruta de peregrinación ao longo de todo o centro histórico de Pontevedra. O Santuario da Virxe Peregrina e as evocadoras ruínas do convento de Santo Domingo dan testemuño do esplendor monumental dun dos conxuntos histórico-artísticos máis belos de Galicia.

A saída de Pontevedra é pola ponte de Burgo e segue pola rúa secundaria da esquerda. Por pistas urbanizadas e sendas entre viñedos emparrados vaise abandonando os arredores da Capital.

Ao pouco de pasar fronte á Igrexa de Alba tómase unha estrada á esquerda que pasa baixo as vías do ferrocarril e polo mesmo asfalto chégase a San Caetano. Pasada a capela do Santo esperan as sendas que atravesan os frondosos bosques de Reiris e Lombo de Maceira.

A maior parte do traxecto desta etapa discorre polas estribaciones da zona montañosa que é referencia permanente á dereita do peregrino, pero a ruta é plácida e agradable, aínda que hai que estar moi atento aos sinais, debido ás numerosas encrucilladas e continuos zigzagueos que presenta.

A partir de San Amaro, pistas cementadas e corredoiras sucédense ata o fermoso núcleo de Tibo que dá acceso a Caldas de Reis. Aínda que cabe destacar neste treito a Igrexa de San Martín de Agudelo, en Barro, onde se pode apreciar a man do Mestre Mateo.

Etapas

Ciudad de Pontevedra

Puntos que non se deben deixar de visitar:

A Igrexa da Virxe Peregrina, emblema do camiño portugués a Compostela e patrona da cidade, monumento nacional, coa planta en forma cuncha de vieira e situada con centro da cidade.

O Museo de Pontevedra, como a colección de orfebrería en ouro, única en Europa e con coleccións de xoias con unha antigüedade de mais 4.000 anos .Recentemente realizouse unha apliación importante do mesmo

A Basílica de Santa María, Construida polo Gremio de mareantes na primeira metade do s. XIV. Estilo gótico tardío. Moi ben estado de conservación e onde se realizan celebracións litúrxicas a diario.

As Ruínas de Santo Domingo que foi construida polos dominicos no século XII. Depende do Museo de Pontevedra.

A Igrexa de San Bartolomé, Construida entre 1696 e 1714, polos xesuitas.

As Prazas da Ferrería, da Leña, da VerduraTeucro, etc. Parques, alamedas, paseos polo río en plena cidade e un centro histórico que despois do de Santiago, é o máis importante de Galicia. Arquitectura en pedra coas casas blasonadas e habitadas, fontes, terrazas con ambiente hata a madrugada. En Pontevedra xa non se durme.


En sólo 2 horas e de un xeito divertido podes visitar as prazasmonumentos e lugares máis emblemáticos de Pontevedra.

Ó longo de todo o ano, os visitantes individuais que visiten Pontevedra podense incorporar a unha visita guiada de grupo efectuada por un guía oficial de Turismo de Pontevedra. Nas visitas que se programaron para estos días de maior afluencia de turistas ilustran os lugares de maior interés cultural e monumental da cidade seguindo un percocorrido representativo a través de aqueles lugares máis representativos do casco antigo da cidade do Lérez.

Sesións e Prezos.
As sesións das visitas guiadas establecense según tempada. En tempada alta, do 1 de xullo ó 15 de setembro as visitas son diarias con saidas ás 11:30h e ás 18:00h de luns a sábado. Os domingos e festivos a sesión única será sólo de mañana, ás 11.30 horas.

Tamén hai sesións concebidas para públicos específicos como escolares, publico de congresos..

Recorrido

Durante a visita daránse a coñecer todo tipo de aspectos culturais, históricos, monumentaies, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra e destacando no itinerario as suas prazas e a riqueza heráldica da cidade, todo elo salpicado de lendas e anécdotas tan habituais na nosa cultura.

É de destacar que en este percorrido visitase tamén o interior dos principais momumentos da cidade, como o Santuario da Peregrina, a Igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.


Fuente: diversas webs oficiales

 

Sendeiro dos Muíños de Barosa - BARRO

Arquitectura tradicional / Etnografía 

Este sendeiro localízase no enclave coñecido como «Parque da Natureza do Río Barosa», parada fundamental do Camiño Portugués cara a Compostela ao seu paso polo termo municipal de Barro.
Este parque posúe unha excepcional topografía pola que discorre o río Barosa en forma de cadoiro creando a Fervenza da Barosa, que alcanza trinta metros de desnivel. Xunta esta fervenza construíronse dezasete muíños, que se dividen entre os Muíños de Abaixo e Muíños de Arriba e que forman un complexo hidráulico de grande interese
O primeiro tramo do sendeiro discorre entre os Muíños de Abaixo ata a ponte de San Breixo, onde se pode abandonar a ruta principal e visitar a igrexa do mesmo nome do S. XVII, dende a que se obtén unha boa panorámica do val.

Seguindo o PR-G 105, atopamos máis muíños, algúns en bo estado de conservación.

No segundo tramo hai unha área recreativa cunha taberna típica dende onde parte un sendeiro circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do río ata a ponte de San Breixo, onde está marcado o final da ruta.

Dende aquí pódese facer en sentido contrario o primeiro tramo da ruta e volver á zona de estacionamento do parque.


Acceso: N-550 entre Pontevedra e Caldas de Reis, na altura do municipio de Barro, habemos atopar a placa que sinaliza a entrada ao Parque da Natureza do Río Barosa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués pola Costa | Camiño Portugués


Fonte: Turismo.gal

Caldas de Reis

Considerado xardín e balneario de Galicia, é unha localidade situada ao noroeste da provincia de Pontevedra. Está atravesada polo río Umia, que se caracteriza pola súa riqueza piscícola. 

Está situada ao norte da provincia de Pontevedra, aberta á ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños presidida pola Autoestrada A-9, principal eixo de comunicacións entre o norte e o sur de Galicia e Portugal. 

Entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 kms do mar, é a porta de acceso ao val do Salnés e ás Rías Baixas. 

A súa localización e as súas excelentes comunicacións fan dela un enclave estratéxico no desarrrollo da industrial, o turismo, e o comercio.

Tamén che pode interesar...

Albergue de Peregrinos de Pontevedra

Albergue de Peregrinos de Pontevedra

Localización Rúa Otero Pedrayo, s/n Pontevedra 36004 Teléfono: 986 844 045 Fax: 986 844 045 42° 25' 10.3584" N, 8° 38' 10.2084" W Num. de prazas: 56 P...
Albergue de peregrinos de A Portela - Barro

Albergue de peregrinos de A Portela - Barro

O Albergue dá Portela está situado no municipio de Barro no lugar de Cancela s/n, Portela (Barro-Pontevedra) España. É unha parada obrigatoria do Camiño de Santia...
Albergue O Cruceiro, Caldas de Reis

Albergue O Cruceiro, Caldas de Reis

O Albergue "Ou Cruceiro" é un albergue de trato familiar, situado en Caldas de Reis, a escasos 250m. do Camiño Portugués a Santiago; dispón de 38 prazas, distr...
Albergue Turístico Catro Canos SC

Albergue Turístico Catro Canos SC

As nosas habitacións son de 2, 3, 4 e 5 persoas (en liteira) dispoñemos de 5 habitacións. Unha delas para persoas con algún tipo de minusvalia. Dispoñemos...
Albergue de peregrinos de Briallos

Albergue de peregrinos de Briallos

A 350 metros fose do camiño; o desvío está ben sinalizado. Nos arredores non hai nin bares nin restaurantes, pero si unha tenda de comestibles.27 prazas en liteiras
Albergue de peregrinos La Posada de Doña Urraca

Albergue de peregrinos La Posada de Doña Urraca

Xusto pasado a pequena ponte romana.45 prazas, ampladas a 100 no verán, en liteiras.lavadora e secadoraPrezo: 6 €
Hotel Lotus

Hotel Lotus

En pleno centro de Caldas de Reis
Hotel Balneario Acuña

Hotel Balneario Acuña

Se trata de un establecimiento histórico, reformado en su totalidad en el 2007, en el que destaca su arquitectura con amplios miradores, donde se ubica una de las galerías de ba&ntild...
Hotel Balneario Dávila

Hotel Balneario Dávila

Ás portas do "camiño portugués". Fundado en 1780 e situado en pleno centro histórico de Caldas de Reis. Augas mineromedicinales hipertermales clorura...
Hotel Sena

Hotel Sena

En Caldas de Reis atópase o acolledor Hotel Sena. É o lugar idóneo para celebrar as súas reunións sociais, en calquera dos seus amplos Salóns de Vodas, Ban...
Restaurante O Muiño

Restaurante O Muiño

Restaurante